A humidade pode ter graves consecuencias para vostede, para a súa familia, para a súa casa e para o seu peto.
A humidade pode ocasionar problemas respiratorios, sinusitis, asma, potenciar as alerxias e causar enfermidades, especialmente nos nenos e nas persoas maiores, pola presenza de fungos e ácaros. Ademais, o frío e a humidade afectan as articulacións, aos músculos e á pel.
As dores de cabeza, a dificultade para durmir e o cansazo son frecuentes en fogares cun exceso de humidade.
Un fogar san é fundamental para evitar futuras enfermidades. E un fogar san necesita un ambiente cuns niveis de humidade adecuados.
Se ten problemas de humidade e quere coidar a súa saúde e a dos seus, chámenos. Faremos da súa casa un fogar san, cálido e confortable. Pique aquí e dea o primeiro paso para coidar a súa saúde e a dos seus coa axuda de SECAMAX. A humidade do seu fogar é moi cara. A súa vivenda deteriórase, e terá que estar continuamente facendo obras de reparación.
Ademais, un exceso de humidade ambiental fará que gaste máis en calefacción para conseguir o mesmo nivel de confort. O aforro en calefacción, se mantén baixo control a humidade, pode chegar a ser do 30%. Unha parede húmida aumenta a condutividade térmica: cada vez que acende a calefacción, unha parte da calor escápase directamente á rúa!
Coide da súa casa, coide da súa familia, coide dos seus bens e coide o seu peto. Aforre solucionando definitivamente o problema de humidade da súa vivenda. Pique aquí e dea o primeiro paso para aforrar con SECAMAX. A humidade pode poñer en serio perigo o seu fogar. Se ten un problema de humidade por filtración proveniente do chan, afectará á estrutura da súa vivenda causando graves danos. Se a humidade provén da cimentación, debilitará as paredes e chegará a afectar á instalación eléctrica. Se a humidade débese a unha filtración da terraza, as placas estruturais afectadas deterioraranse rapidamente. E se a humidade é debida a un problema de condensación, sufrirá unha deterioración nos seus aveños, na súa roupa e, sobre todo, na súa saúde: o Instituto Pasteur corroborou a relación entre problemas respiratorios e a presenza de mofo nas paredes debido á humidade.
É imposible realizar unha correcta conservación dunha vivenda se non se atallan os problemas de humidade. Desde SECAMAX poñeremos á súa disposición os nosos medios e longa experiencia para acabar coa humidade na súa vivenda e axudarlle a conservala de modo correcto. Pique aquí e póñanse en contacto connosco, a súa casa agradecerallo. FINALMENTE, RÉNDESE Cantas veces tentou eliminar de forma definitiva a humidade nas paredes da súa casa?
A maioría dos nosos clientes, moitas. E comproban, ao pouco tempo, como volve saír de novo, mesmo con máis intensidade! De nada valen as pinturas ou os illamentos colocados sen xeito nin dereito. Ao final, un réndese porque cre- mesmo algúns coñecidos dinlle- que non hai solución á humidade.
Eliminar por completo unha humidade, de modo permanente, é un traballo que require de gran experiencia e dedicación. En SECAMAX analizamos os materiais dos que está feita a súa vivenda, as condicións da vivenda, a presenza de pontes térmicas, o uso que lle dá á vivenda e outros moitos factores. En SECAMAX acumulamos decadas de experiencia en todo tipo de obras para solucionar calquera problema ocasionado pola humidade. E a mellor forma de demostrarllo é facéndolle un diagnóstico profesional gratuito, para que nos coñeza e saque as súas propias conclusións.
Faga click aquí e póñase a solucionar o problema, por fin, de maneira definitiva. Só depende de vostede.