Humidade e Economía

Soluciones garantizadas contra la humedad

900 897 841

Teléfono gratuito

Solución dos problemas de humidade para aforrar gastos

A humidade do seu fogar é moi cara. A súa vivenda deteriórase, e terá que estar continuamente facendo obras de reparación. Terá que limpar as paredes e os teitos con produtos agresivos e nocivos, pero os fungos volverán saír e estragará a pintura. A roupa dos seus armarios se ensuciará de mofo e chegará un momento en que terá que tirala. Os seus mobles e os seus electrodomésticos estragaranse. Ou terá que reparar as paredes porque a pintura se desconcha, e unha e outra vez terá que volver pintar. Ou se lle estragará o chan e terá que cambialo, co custo que iso supón. E se quere alugar ou vender a súa vivenda, será misión case imposible, e se o logra será á conta de reducir o prezo, porque a súa casa devaluouse. Esas son as consecuencias da humidade, a perda de valor do seu principal investimento.

Ademais, un exceso de humidade ambiental fará que gaste máis en calefacción para conseguir o mesmo nivel de confort. Teña en conta que canto maior humidade ambiental haxa, máis terá que poñer a calefacción, e máis lle custará quentar o aire. Ademais, a sensación térmica será peor. O aforro en calefacción, se mantén baixo control a humidade, pode chegar a ser do 30%.

Por non falar, por suposto, do custo de enfermar. Porque unha casa húmida é unha casa enferma, e esa enfermidade contáxiase aos seus habitantes.

Polo seu fogar, polo horro en calefacción e, sobre todo, pola súa saúde, non hai nada máis rendible en termos económicos, pero tamén en saúde e confort, que unha vivenda saneada, limpa e seca.

Coide da súa casa, coide da súa familia, coide dos seus bens e coide o seu peto. Aforre solucionando definitivamente o problema de humidade da súa vivenda. Pique aquí e dea o primeiro paso para aforrar con SECAMAX.

Humidade e Economía