Tipos de Humidade

Soluciones garantizadas contra la humedad

900 897 841

Teléfono gratuito

Tratamentos Antihumidade

Existen diversos tipos de humidade porque a orixe da humidade pode ser distinto, e porque non todas as vivendas son iguais. É moi importante entender e diagnosticar axeitadamente o tipo de humidade que padece a súa vivenda para darlle unha correcta solución con total garantía. En SECAMAX solucionamos todo tipo de humidades.

CONDENSACIÓN

A humidade por condensación é unha das máis frecuentes. Prodúcese por un exceso de humidade relativa da vivenda. Ten a súa orixe no exceso de hermeticidade do modelo construtivo actual, e no estilo de vida actual. As consecuencias son graves, porque produce perigosas floracións de fungos nas paredes, na roupa, mobles, etc, e pode ter graves consecuencias para a saúde.

En SECAMAX solucionamos a condensación en horas, cunha intervención mínima, e con grandes melloras no confort da súa vivenda.

CAPILARIDADE

A humidade por capilaridade prodúcese cando a auga ascende polas paredes desde os cimentos, a través dos poros dos materiais construtivos. Obsérvase que a humidade ascende pola parede desde o chan, desconcha a pintura, humedece o ambiente e deteriora a propia vivenda.

En SECAMAX solucionamos a capilaridade de modo limpo, rápido e definitivo, illando perfectamente as paredes polas que ascende a auga.

FILTRACIÓN

A humidade por filtración prodúcese en muros que se atopan baixo terra. A auga penetra polos muros, provocando paredes molladas ou desconchadas, salitre ou mofo.

En SECAMAX solucionamos todo tipo de filtracións de modo eficaz e rápido, asilando correctamente os muros, con total garantía.

TERRAZAS

A humidade proveniente das terrazas prodúcese cando non están correctamente impermeabilizadas, e pode chegar a ser grave dado que as terrazas soportan grandes cantidades de auga de choiva.

En SECAMAX solucionamos a humidade das terrazas impermeabilizándoas sen necesidade de levantar o chan, dado que a actual tecnoloxía de materiais permítenos solucionar estes problemas con garantías e sen molestas obras.

IMPERMEABILIZACIÓN DE FACHADAS

Un problema moi común asociado aos edificios está relacionado coa impermeabilización e o illamento das fachadas.

En Secamax apostamos por solucións efectivas contra estes problemas. É importante identificar se a nosa fachada sofre danos e está deteriorada.

Pode solicitar un diagnóstico gratuíto e o noso equipo de profesionais encargarase diso. A fachada é a defensa da nosa casa e debemos coidar dela.

Tipos de Humidade