NOTA NO SEU FOGAR ALGÚNS DESTES SÍNTOMAS?
- Ten manchas nas súas paredes e teitos que volven aparecer aínda que as limpe.
- Embázanse os cristais das súas xanelas.
- A roupa dos seus armarios colle mofo.
- Percibe no seu fogar cheiro a humidade.
- Nota habitacións máis frías.
- Ten problemas de pel, de respiración ou os arrefriados invernais alónganse máis do normal.
Se nota algunha destes síntomas, o seu fogar pode ter un problema de condensación
PROBLEMA: CONDENSACIÓN
A condensación no fogar prodúcese cando o aire interior da vivenda está saturado de humidade. Este exceso de auga transfírese desde o aire ás paredes, os mobles, a roupa e o resto dos aveños, producindo a aparición de mofo, un desagradable cheiro e problemas de saúde debido á mala calidade do aire.
A condensación é un tipo de humidade moi frecuente nos nosos tempos, debido ao maior illamento das vivendas. Os hábitos de vida, a humidade ambiental e a climatoloxía son factores que tamén inflúen
Solicite su diagnóstico completamente gratuito
900 897 841
info@secamax.es
SOLICITAR DIAGNÓSTICO GRATUITO
SOLUCIÓN: ¿CÓMO ELIMINAR LA CONDENSACIÓN?
Este tipo de humidade é unha das máis molestas e perniciosas. Afecta á roupa, aos mobles e á saúde das persoas, en especial dos nenos, as persoas maiores ou os alérxicos ou asmáticos.
Eliminar a condensación dunha vivenda supón unha mellora estética e unha mellor saúde, ademais dunha maior eficiencia térmica, un aforro considerable e, en definitiva, respirar un aire san e ter unha vivenda confortable e saudable.
Desde SECAMAX axudarémoslle a resolver o seu problema de condensación de modo sinxelo, rápido e económico.
RESULTADO
O seu fogar e a súa familia gozarán ao fin dun aire limpo no seu propio fogar, un aire libre de exceso de humidade, libre de contaminantes e de alérgenos. Verá como mellora a súa saúde e a saúde da súa familia. Desaparecerá o antiestético e antihigiénico fungo das paredes, a roupa dos armarios non collerá fungo, nin cheirará a humidade. Cando alguén entre na súa casa non percibirá ese característico cheiro a humidade, e vostede mesmo gozará dun aire máis lixeiro, filtrado, cuns correctos niveis de humidade.